Sonvos Litín, fotopodólogo de profesión e sobriño d'omouchoasexante. Estoume a iniciar nesta variante do fotoxornalismo, consistente en que outros tiran as fotos e eu póñolles o pé con aquilo que debería figurar ou con aquilo que lles escoitei dicir ás persoas retratadas que para algo andaba eu por alí sobrevoando discretamente a zona. Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, pero digo eu que levar algunha tampouco lle fai mal ningún.